TABOADA

Monfero e As Pontes (A Coruña) e Xermade e Guitiriz (Lugo)

O Parque Eólico Taboada con potencia de 74,4 MW e a súa infraestrutura de evacuación nos municipios de Monfero e As Pontes (A Coruña) e Xermade e Guitiriz (Lugo), estará formado por 12 aeroxeneradores de 6,2 MWde potencia nominal cun diámetro de rotor de 170 m, 165 m de altura de bujee unha altura total á punta de pa de 248 m. A empresa promotora é EDP RENOVABLES ESPAÑA S.L.U.

Outras instalacións proxectadas son:

  • Plataformas de montaxe.
  • Cimentación de aeroxeneradores.
  • Accesos e viais interiores.
  • Canalizacións para cableado.
  • Canalizacións para rede de terras.
  • Subestación e Centro de control.
  • Torre meteorolóxica.
  • Zona de almacenamento temporal de residuos.

Este parque e o seu polígono ocupan os seguintes lugares habitados: Primoi, Vite, Queixeiro, O Redondo, As Cortizas, As Leguas, Os Gotes, Vilarxestoso, Pazos, Taboada, A Visura, Santo André da Ribeira, San Xiá da Arca, Sanguiñedo, Montelongo, A Pila da Leña, O Mascoto, e o Valcovo. Afectaría tamén a todos os lugares e parroquias da contorna.

Os núcleos de poboación máis próximos aos aeroxeneradores proxectados son San Xiá de Arca (a uns 530 m do aeroxenerador 8) e A Costiña (a unha distancia aproximada de 525 m do aeroxenerador 3).

A LAAT (liña aerea de alta tensión) do parque de Taboada arranca en Taboada, pasa cerca de Pila da Leña, pasa por encima da Cela, por baixo de Dialcabo e da Illa, por encima de Xabariz, por Fonte Cadaval, cruza a estrada e vira no alto de Moncoso, entra no Val de Xestoso e pasa por O Carballiño, logo Albite, Casal da Bouza, Maldefilgueiras, corta polos montes e vai salir entre as Rubeiras e a Dureixa e vai hasta o bico da serra no alto da Corda. Aí sae de Monfero, vai seguindo o bico da serra e pasa a estrada antes do Castro, vai dar a volta entre A Panda e a Vacariza e polo Cerqueiral para As Pontes; habendo pasado por Bañobre, A Gandarela, Xove Vello, O Foxo, O Castro, O Vilar, Os Bedús, A Candieira, A vacariza, Toutelo, A Cerveira.

+ info en https://monferodinon.wordpress.com/2021/06/21/primeiros-datos-do-parque-eolico-taboada/

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Comenzar
A %d blogueros les gusta esto: