Liberamos o Arquivo MapasMDN

Liberamos o arquivo “Mapas_ MonferodiNON. kmz” que contén información sobre 111 parques industriais eólicos e fotovoltaicos e as súas infraestruturas de evacuación ou LAATs cuxos Documentos de Inicio ou Estudos de Impacto ambiental revisou o grupo desde Maio. 73 destes polígonos insdutriais están en Galicia, tamén contén datos de 19 en Aragón, 5 en Asturias, 12 en Cantabria e 6 Castela León.

O arquivo contén información sobre patrimonio natural protexido, patrimonio cultural e arqueolóxico. Ofrece unha visión panorámica do desenvolvemento das “enerxías renovables” en Galicia e outras comunidades, e como afecta as zonas rurais e os seus habitantes.

Permite ver a cantidade de proxectos fragmentados e establecer relacións entre os parques industriais e os trazados das infraestructuras de evacuación. Mostra como se proxectan sobre as reservas da biosfera de Galicia, ou rodeando o parque natual Fragas do Eume.

Conta cos parques de eólicamarina de Ortegal e os clusteres de Aragón, con LAATS de centos de kilometros sobre espazos naturais protexidos.
Con este arquivo, é posible recrear vistas 3d de como quedarían os muíños desde calquera lugar, tamén medir distancias ás casas, patrimonio, traídas de auga, ou núcleos que quedan dentro de poligonais ou preto das infraestruturas.

O arquivo “Mapas_ MonferodiNON. kmz” pódese executar en Google Earth Pro para navegar en 3D ou en programas similares.

Para acceder á información detallada de cada parque industrial visitar a web:
https://mapaseolicos.wordpress.com

O sistema utilizado baséase en utilizar Notebooks python e está pensado para executarse na plataforma Colab de Google, de xeito que non é necesario instalar nada no ordenador.
Máis info no repositorio:
https://github.com/monfero/eolicosasinon

Coa colaboración de www.ruralc.com e www.furallefalle.com

2 comentarios sobre “Liberamos o Arquivo MapasMDN

  1. Boas
    Busco un mapa de Galiza que conteña a «telaraña» de todos os parques existentes máis os novos proxectos, incluídas as LAT.
    Si hai algo feito, agradezo información. Queremos usalo como un recurso máis para unha charla informativa.
    Obrigado, Colás

    Me gusta

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Comenzar
A %d blogueros les gusta esto: