Monfero, Ordes, Carral, Abegondo, Mesía, Oza-Cesuras, Betanzos, Coirós, Paderne, Irixoa e Vilarmaior (A Coruña)
PLATAFORMAS E MOVEMENTOS VECIÑAIS
MONFERO DI NON https://monferodinon.wordpress.com
A CAPELA DI NON https://www.acapeladinon.com
https://www.instagram.com/acapeladinon/
FERROLTERRA DI NON https://ferrolterradinon.wordpress.com
https://www.facebook.com/FerrolterraDiNON/
O proxecto do Parque Eólico Pena do Corvo sitúase en Monfero, atravesando o concello dende Caaveiro até o Convento de Monfero. Ten proxectados de momento 13 aeroxeneradores dentro dun polígono que delimita o parque.
Dentro do polígono quedarían as parroquias de San Fiz, Vilachá, e Queixeiro. E os seguintes lugares habitados (35):
Viñas, Vilafaíl, O Castro, A Cabana, Primoi, Valoi, Os Campos, Vite, O Casal de Riba, As Corveiras, A Corveira, O Piñeiro, O Candedo, A Louseira, Nebras, O Cotillón, Casalbito, As Lamelas, A Visura, Rego do Eixo, A Pila da Leña, Montelongo, A Bouza Maior, A Bocha, O Mascoto, Taboada, Pazos, Vilarxestoso, Santo André da Ribeira, Os Gotes, San Xiá de Arca, As Cortizas, O Redondo, As Leguas e O Rodeiro. Tamén están Os Paces e O Coto, do Concello de A Capela.
A liña de alta tensión AÉREA sae dunha subestación construída no Campo do Mulo, ten uns 40 metros de ancho, e pasa por baixo das Corveiras, atravesa os prados até a ponte do Piñeiro, cruza até o Muíño do Pancho, segue por Fradiz, pasa por baixo de Goente, e sae do concello polo Seixo cara o Monte Grande. E de aí, atravesa os concellos de Ordes, Carral,
Abegondo, Mesía, Oza-Cesuras, Betanzos, Coirós, Paderne, Irixoa y Vilarmaior con estructuras de até 39 metros, logo no seu final entérrase até chegar o Mesón do Vento.
Mesón do Vento, ¡menuda papatoria!, ¡deben ir cheos!
+`info en https://monferodinon.wordpress.com/2021/06/20/parque-eolico-pena-do-corvo